Publicador de contidos
Publicador de contidos

España bate o récord de poboación tras gañar máis de 135.000 habitantes

España bate o récord de poboación tras gañar máis de 135.000 habitantes

Galicia supera os 2,7 millóns de habitantes, tras gañar máis de 6.000 persoas nun ano
 

G24.gal 08/08/2023 11:14

A poboación aumentou en 135.186 persoas no segundo trimestre en España, situándose en 48.345.223 habitantes ao 1 de xullo de 2023, sendo o valor máximo da serie histórica. En termos anuais, o crecemento poboacional estimado é de 537.611 persoas.

Atendendo á información do INE, este crecemento poboacional de España debeuse, case na súa totalidade, ao incremento de persoas nadas no estranxeiro, que foi de 8.457.886 persoas, maior que a de nacionalidade estranxeira.

O número de estranxeiros aumentou no país en 100.394 persoas durante o segundo trimestre, ata un total de 6.335.419 ao 1 de xullo de 2023. Pola súa banda, a poboación de nacionalidade española aumentou en 34.792 persoas.

Durante o segundo trimestre do ano estímase que a poboación creceu en todas as comunidades autónomas, así como nas cidades autónomas de Ceuta e Melilla.

As principais nacionalidades dos inmigrantes durante o segundo trimestre foron a colombiana (con 37.700 chegadas a España), a marroquí (21.500) e a española (19.900). Pola súa banda, as nacionalidades de emigrantes máis numerosas foron a marroquí (con 6.700 saídas), a romanesa (5.700) e a española (5.500).

Galicia supera os 2,7 millóns de habitantes, tras gañar máis de 6.000 persoas nun ano

A poboación galega superou os 2,7 millóns de persoas no segundo trimestre deste ano, o que supón un 0,09 % máis ca nos tres meses anteriores, segundo os datos do INE.

Desta maneira a Comunidade queda por baixo do incremento medio nacional, xa que no total de España a poboación subiu un 0,28 % entre abril e xuño, ata 48,34 millóns de persoas.

No último ano, Galicia gañou máis de 6.000 persoas e no último trimestre, máis de 2.400 habitantes. Desde xaneiro, contabilizou un incremento dunhas 1.700 persoas, porque no primeiro trimestre a poboación caeu e no segundo volveu recuperarse.

Por sexos, un 51,9 % da poboación galega é muller, mentres que os homes representan o outro 48,1 % ao 1 de xullo de 2023.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos