Publicador de contidos

Publicador de contidos

Sofía e Mateo, os nomes preferidos en Galicia para a cativada

Sofía e Mateo, os nomes preferidos en Galicia para a cativada

Entre Sofías e Mateos suman máis de 6.600, con todo aínda lles queda moito para acadar o 1.200.000 Antonios e Carmes, que son os nomes que máis se repiten entre a poboación española, sobre todo, entre os de máis idade

As novas xeracións prefiren nomes curtos e de orixe galega
G24.gal 23/04/2026 14:33

Á hora de elixir o nome que lles van poñer aos fillos, hai parellas que o teñen moi claro. Para outras é unha carreira de fondo, e non sempre se chega a consenso.

"Eu, eu prefería outro nome, pero ao final gustoume tamén Matilde, non sei, gustoulle á nai. Ten un significado de guerreira, e como para nós é unha guerreira, pois puxémolle Matilde", explica o pai de Matilde.

"Buscabamos un nome de 5 letras que funcionara ben en calquera idioma. Vivimos un tempo no estranxeiro e queriamos que funcionara en inglés, en francés e que non fose difícil", apunta a nai de Sofía.

E decidíronse por Sofía, que resultou ser o nome máis común entre as nenas que naceron no último lustro.

"Foi a posteriori que soubemos que era moi famoso e moi popular".

Tamén deron na diana cos nomes dos varóns da casa. Mateo e Lucas.

"Moita xente tivo a mesma idea".

E é que segundo os últimos datos do INE, Mateo encabeza a listaxe dos nomes máis frecuentres entre os nenos.

 "Sabemos que sempre nos imos atopar con homónimos", recoñece o pai de Manuel e Martín

Entre Sofías e Mateos suman máis de 6.600, con todo, aínda lles queda moito para acadar o 1.200.000 Antonios e Carmes, que son os nomes que máis se repiten entre a poboación española, sobre todo entre os de máis idade.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade