Publicador de contidos

Publicador de contidos

España reduciu un 4,4 % o desperdicio de alimentos no ano 2024

España reduciu un 4,4 % o desperdicio de alimentos no ano 2024

Cada persoa tira ao lixo unha media de 24 quilos de comida ao ano

G24.gal 02/08/2025 13:31 Última actualización 02/08/2025 13:49

En 2024 España reduciu o desperdicio alimentario un 4,4 % e alcanzou os niveis mais baixos desde 2016, cando comezaron a realizarse rexistros oficiais. Aínda así, seguimos tirando demasiada comida, algo máis de 24 quilos por persoa ao ano.

O ano pasado acabaron no lixo máis de 1.100 millóns de quilos de desperdicios alimentarios. O 97 % desbotouse nas casas. Os datos dos últimos anos mostran que hai algo máis de conciencia social.

Adivíñase un intento de mellorar na planificación das compras e as racións e de aproveitar máis e mellor o que gardamos nas neveiras. As froitas, as verduras e as hortalizas son os alimentos que máis desaproveitamos. 

Hai moita marxe de mellora, pero o último informe do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación recolle a tendencia positiva. Ese descenso interaunual do 4,4 % significa que conseguimos evitar que acabaran no colector ao redor de 51 millóns de quilos de produtos de alimentación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade