Publicador de contidos

Publicador de contidos

España-Arxentina, choque de estilos na final do Mundial

España-Arxentina, choque de estilos na final do Mundial

O partido que vai paralizar o mundo dispútase este domingo (21h) con España á busca da súa segunda estrela e a Albiceleste, a pola cuarta

G24.gal 18/07/2026 11:01

Afumeghe, chova ou vente, faga sol ou caia pedrazo a final do domingo vai ser si, ou si, un pulso futbolístico intenso con tres rumbos de colisión inevitables.

O primeiro, a posesión fronte a intensidade: o control español do tempo, o dominio do balón, a paciencia estrema para desgastar ao rival fronte ao impulso máis explosivo e salvaxe da albiceleste.

A verticalidade dos arxentinos, o seu despregue rápido; mesmo a agresividade física intimidatoria. Un impulso que aboca a un segundo gran choque: dunha banda a sofisticación académica, de escola, de alta capacitación táctica e formativa.

A canteira española regulada, sistemática, fronte a lei do barrio e o fútbol de cancha, torreiro e arrabalde. Pillería e improvisación, fronte a orde e concerto, instinto puro fronte a sincronía mecánica.

Carnívoros do gol e do resultado, os arxentinos teñen o fútbol como unha relixión panteista; como un Deus único, universal e identitario que todo o explica e contra o que nada compite. 

Un exceso ao que non chega a visión máis funcional e estética do fútbol español: un feitizo pola harmonía, a beleza e o espectáculo de entretemento no que o grupo engala ás carrancholas sobre o individuo.

Non máis tres diferencias de matiz futbolístico; tres detalles básicos, e un nesgo común de raíz moi latina: familiar e gregaria. 

Scaloni e De la Fuente manexan moitos recursos comúns no seu desempeño de seleccionador; pero onde un manifesta un afán insaciábel pola perfección ...

O outro ten a Messi, símbolo perfecto do fútbol dun país e ferramenta multitarea dun equipo que o engrandece até o infinito.

A dúbida ofende, pero ninguén se queda esperando sentado a que caia o rei para ocupar o seu trono. Scaloni foi alumno de De la Fuente na escola de adestradores española e todo un país agarda a que o domingo reciba a última lección do mestre.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade