España afronta o partido máis importante da súa historia
Ten a posibilidade de ser campioa do mundo diante de Inglaterra (domingo, 12:00 horas)
Tere Abelleira, unha das revelacións do campionato, será titular
A sorte está botada. Nunha final inédita España e Inglaterra xogan este domingo o título no Mundial feminino en Sydney. Españolas e inglesas volven a enfrontarse despois do fatídico partido de cuartos de final da Eurocopa 2022 que propiciou a eliminación das de Vilda e lle permitiu ás inglesas acadar o título.
O fútbol está feito de segundas oportunidades e España agarda mudar o sabor agre que deixou esa derrota e coroarse como campioa mundial.
As dúas selección amosaron consistencia durante o torneo que lles permitiu superar rivais de entidade como Nixeria, Colombia, Suecia ou os Países Baixos.
Tere Abelleira, gran revelación do mundial. Será indiscutible no centro do campo a carón dunha das mellores xogadoras do torneo, Aitana Bonmatí.
-Equipos probables:
España: Cata Coll; Ona Battle, Irene Paredes, Ivana Andrés, Oihane Hernández; Teresa Abelleira, Aitana Bonmatí, Alexia Putellas, Jenni Hermoso, Esther González, Alba Redondo.
Inglaterra: Mary Earps; Jess Carter, Alex Greenwood, Millie Bright; Lucy Bronze, Rachel Daly, Lauren James, Georgia Stanway, Keira Walsh; Alessia Russo, Lauren Hemp.