Publicador de contidos
Publicador de contidos

Esgotados os billetes de Alvia a Madrid no 80 % dos trens que circulan ata o 31 de agosto

Esgotados os billetes de Alvia a Madrid no 80 % dos trens que circulan ata o 31 de agosto

As poucas prazas dispoñibles encareceron os prezos

G24.gal 24/08/2023 14:31

A demanda de billetes no corredor Madrid-Galicia segue disparada, como mínimo ata finais de mes. Dos 24 trens Alvia que comunican Santiago e Madrid, 20 xa esgotaron os billetes hai días e nos outros catro cada vez é máis custoso facerse cunha praza. 

Nin sequera están a frear a demanda as probas do sistema ERTMS que alongan unha hora a viaxe, porque obrigan os pasaxeios a facer en bus o treito entre Ourense e Santiago. Mesmo así, os Alvia que comunican a capital galega coa capital de España van practicamente completos ata finais de mes.

Agora mesmo só hai prazas en catro deses convois, moi pouquiñas e a prezos máis altos do habitual.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade