Esgotadas as entradas para ver o partido das 'lendas celestes'
O partido poderá verse este mércores ás 21:00 na G2 e G24.gal
Míchel Salgado, Mazinho, Revivo, Makelele, Cañizares, Gustavo López, Vicente..., unha gran remesa de ex-xogadores do Celta non queren perder a cita
Outra gran cita do Centenario do Celta será o partido de 'lendas celestes' que vai xogar diante dun All Stars Internacional. O encontro xogarase este mércores en Balaídos ás 21:00 horas e o que non poida ir ao campo poderá seguilo pola G2 ou G24.gal en directo. As entradas que se vendían ao público xa quedaron esgotadas.
Os dous últimos xogadores que anunciou o Celta foron Vicente, o gran capitán dos oitenta e os noventa, e Juan Velasco. A carón deles grandes emblemas da entidade como Míchel Salgado, Amarildo, José Ignacio, Álex López, Toni Dovale, Cannobio, Mario Bermejo, Dani Abalo, Gudelj, Orellana, Alejo, Juanfran, Augusto Fernández, Gustavo López, Natxo Insa, Juan Sánchez, Mazinho, Revivo, Makélélé, Cañizares, Jonathan Vila, Patxi Salinas ou Mido.
No equipo de All Stars tamén veremos caras coñecidas: Lúzio, Joan Capdevila, Cambiasso, Luis Garcia, Guti, Mendieta, Trezeguet, Karembeu, Zanetti, Figo, Íker Casillas, Materazzi, Pires, Morientes, Cannavaro, Lugano e Roberto Carlos conforman un rival de altos voos.