Escudero mantén confianza no xogo do Deportivo: "O balón acabará entrando"
O lateral esquerdo regresou ao equipo e xogou os primeiros minutos da temporada diante do Elxe
O veterano lateral esquerdo do Deportivo Sergio Escudero volveu a xogar un partido oficial despois de superar a lesión que o tivo afastado dos terreos de xogo ata a xornada nove. Escudero xogou os últimos once minutos do partido diante do Elxe e promete dar guerra na loita por un oco no equipo titular a Obrador.
O ex-xogador do Valladolid coñece moi ben a categoría e non está intranquilo polo inicio do Deportivo. O equipo está na zona baixa da clasificación e o problema deste comezo está claro, a falta de gol. En cinco dos nove partidos o cadro coruñés foi incapaz de marcar ningún gol: "Estamos tranquilos, o importante é que xeramos moitas ocasións. O balón acabará entrando", comenta un confiado Escudero. "A Segunda División é un campionato moi longo e complicado. Somos un equipo novo. Estanse facendo as cousas moi ben".