Publicador de contidos
Publicador de contidos

Goberno e sindicatos cualifican de histórica a reforma das pensións

Goberno e sindicatos cualifican de histórica a reforma das pensións

 

O Goberno confía en que o Congreso lle dea o apoio a esta reforma

Escrivá di que a reforma das pensións só incrementará en 38 céntimos por hora o custo laboral

G24.gal 15/03/2023 12:19

O ministro de Inclusión, Seguridade Social e Migracións José Luis Escrivá e os secretarios xerais de CCOO e UXT Unai Xordo e Pepe Álvarez, ratificaron o acordo que alcanzaron ambas as partes para acometer a segunda fase da reforma das pensións.  

Segundo o Goberno a lei recolle a revalorización sempre das pensións co IPC e reafirmase en que é unha aposta sostible e de futuro. As pensións non contributibas e mínimas tamén van subir nos próximos anos progresivamente. E tamén diminurá a fenda de xénero, que defende as mulleres que teñen máis dicontinuidade na súa vida laboral. 

Escrivá asegura que non pon en perigo a competitividade das empresas, que é un estudo moi minucioso que leva dous anos de traballo, para un sistema de pensións moderno e revolucionario no que houbo aportacións desde todos os eidos do Goberno de coalición e vai ser referencia interncional para países que teñen que modificar o sistema de pensións.

O secretario xeral de UXT, Pepe Álvarez, defendeu o acordo fronte o sistema de pensións privadas, un modelo alternativo que para o sindicato non ten as mesmas garantías que un servizo público. Tamén lamentou que os representantes dos empresarios non estivera na sinatura, porque segundo Álvarez, non hai argumentos que o xustifique.

Para Unai Sordo, secretario xeral de CCOO, é un dos dous acordos máis importantes desta lexislatura. Un acordo que garantiza máis ingresos, máis proteción e máis confianza. Vanse xubilar máis persoas, que van vivir máis e con maiores cantidades. Sordo cualificou o acordo de decisión estratéxica.

Escrivá confía en que o pleno do Congreso apoiará a reforma

O ministro Escrivá confía en que esa reforma recibirá o apoio maioritario dos grupos parlamentarios cando se someta á validación do pleno do Congreso.

En declaracións no Congreso, Escrivá tamén se mostrou "cen por cen convencido" de que a Comisión Europea se pronunciará a favor desta reforma cando lle toque revisala despois de que España solicite o cuarto desembolso de fondos europeos.

O ministro limita o custo para os empresarios

Escrivá criticou a actitude da patronal CEOE-Cepyme, que se desmarcou dunha reforma que considera que carga sobre as súas costas o custo das pensións.

Respecto diso, Escrivá dixo que "os números son evidentes" e que o custo laboral por hora traballada vai incrementarse en 38 céntimos para os empresarios españois e vai pasar coa reforma dos 25,4 euros actuais a 25,8 euros en 2050, por baixo da media europea de 32 euros. 

Respecto a se a reforma poderá sufrir modificacións no Parlamento, o ministro afirmou que "sempre hai percorrido" e confía en que as distintas forzas políticas dean o seu apoio ao texto.   

Garamendi pide "respecto" ao Non dos empresarios

O presidente de CEOE Antonio Garamendi pediu este mércores "certo respecto" á decisión da súa organización de non apoiar a segunda fase da reforma das pensións.

"Cando non é non, non é non. Pode gustar ou non, pero que ninguén dubide da lealdade dos empresarios e autónomos deste país (...). Cando se trae unha proposta que crees que non é boa para o teu país, a nosa obriga é dicir que non", afirmou Garamendi, que instou ao Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións "a aprender a dialogar mellor".  

Garamendi, en declaracións a RNE recollidas por Europa Press, sinalou que o Goberno presentou esta reforma coma se fosen "lentellas" e xustificou o seu rexeitamento en que a subida de cotizacións a empresas prevista na reforma "lastrará" a competitividade e o emprego.  

A pesar do seu rexeitamento á reforma de pensións, o dirixente empresarial indicou que "non está nada roto" co Goberno, co que asinaron máis de 15 acordos nos últimos anos. 

O decreto lei que recollerá o acordo pechado polo Goberno cos sindicatos será previsiblemente aprobado en Consello de Ministros extraordinario esta mesma semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos