Cargando resultados...
Escobar segue de doce e dálle o triunfo ao Bergantiños
G24.gal
05/03/2022 20:52
O Bergantiños tombou ao Leganés B nas Eiroas para situarse na quinta posición (play-off de ascenso) e adiantar precisamente ao seu rival de hoxe. E todo, cun partido menos.
Antón Escobar, como xa aconteceu varias veces esta tempada, decidiu o partido a prol de Lemos ao anotar o seu noveno gol da tempada, precisamente, na novena vitoria dos das Eiroas.