Publicador de contidos

Publicador de contidos

Escaseza de polbo galego nunha campaña "regular tirando a mala"

Escaseza de polbo galego nunha campaña "regular tirando a mala"

Os temporais e o mar de fondo reduciron á metade as capturas este ano

O sector non descarta solicitar un paro biolóxico para fortalecer o recurso

 

 

G24.gal 20/02/2024 14:13

Pouco polbo nas nasas dos mariñeiros. O recurso escasea ultimamente e tampouco se están dando as condicións para pescalo.

"O tempo é o problema, hai moito mar de fondo e non nos podemos arriar da costa", di un naseiro.

"Houbo moito mar de fondo e moitos temporais, e se non saes non pescas. De todos os xeitos non esta a ser unha campaña boa, está a ser regulariña tirando a mala", explica José Manuel Rosas, patrón maior de Bueu.

Boa proba da falla de polbo é que hoxe non atopamos nin un só exemplar no mercado de Bueu.

"Hoxe non temos, normalmente hai algo todos os días, pero pouco, está escaso. Non sei se é polo mar pero esta tempada collen pouco", comenta unha das peixeiras.

Os últimos dous meses da campaña están a ser especialmente escasos, coa metade da oferta nas lonxas ca o ano pasado. E como hai pouco sobe de prezo, pero non o suficiente, din, porque o mercado tamén se abastece de moito polbo foráneo.

"Oxalá marcara o prezo o polbo galego, pero quen o marca é o doutras latitudes. Hai que saber que o 80% do polbo que se consone non é galego, nós producimos un 20% do total", engade o Patrón maior de Bueu.

En pouco tempo comenzará o período de veda. Mesmo se cuestionan completala cunha parada biolóxica subvencionada que fortaleza o recurso máis emblemático e impredicible da ría.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade