Publicador de contidos

Publicador de contidos

Erik Quintela: "O soño da Copa segue aí, pero o obxectivo é claro: a permanencia"

Erik Quintela: "O soño da Copa segue aí, pero o obxectivo é claro: a permanencia"

O base breoganista tamén se pronunciou sobre a marcha de Paco Olmos tras a derrota ante o Joventut

G24.gal 16/01/2022 15:21

Un dos capitáns do Breogán, Erik Quintela, pasou polos micrófonos de Raúl Villares no Pazo Provincial dos Deportes  de Lugo. A pesar da derrota ante o Joventut de Badalona, o lucense confía nas opcións na Copa pero non quita o ollo á meta principal da temporada.

"Eles son un equipazo pero amosamos que podemos competir contra calquera. Tivemos varios erros no último cuarto que penalizan e marcan a diferenza, pero estivemos con opcións ata o final. O equipo nunca se rende, é un sinal de identidade. O soño da Copa segue aí, pero non quitamos da cabeza o obxectivo final, as doce vitorias o antes posible. Seguimos cun ollo na Copa".

Tras unha das semanas máis convulsas dos últimos tempos no Breogán, coa marcha de Paco Olmos ao Burgos, Erik Quintela tamén se pronunciaba sobre a polémica dos últimos días.

 

"Paco Olmos era parte fundamental do equipo pero non era a única. Seguimos todos xuntos, traballando, remando na mesma dirección e  demostrando que somos máis que un equipo, unha familia".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade