Erik Quintela "Foi unha noite terrorífica que rematou con final feliz"
O base lucense valora a loitada vitoria ante o UCAM Murcia

Un dos capitáns do CB Breogán, Erik Quintela, atendeu na zona mixta do Pazo Provincial dos Deportes de Lugo á Radio Galega, para analizar o loitado triunfo ante o UCAM Murcia
"Durou tanto que máis semellaba un partido da NBA. Pódese dicir que foi unha noite terrorífica, de samaín, pero con final feliz. Con tantos paróns houbo que ter a cabeza fría para que non nos afectase"
O Breogán suma catro vitorias en oito xornadas, esta última ante un dos mellores equipos da Liga.
"Xunto a Barça e Madrid que son extraterrestres, da outra liga eles eran os que máis en forma estaban e houbo que axudar en defensa, no rebote. estivemos solidarios en tódalas facetas do xogo porque era necesario para gañar"