Cargando resultados...
Erik Quintela: "Centrámonos no importante, que é o triunfo"
G24.gal
02/11/2021 13:46
Murcia denuncia insultos do público e agresións da mascota do Rio Breogán. É a decisión do club murcianista tras caer no Pazo. Murcia esquece despois da liorta a saída de Rojas, a provocación á afección breoganista, que en todo momento mantivo o civismo como sinal do seu comportamento.
A Rojas pódelle caer unha sanción da ACB por ese motivo. Pero Murcia trata de desviar a atención coa presencia da mascota do Breogán no incidente. No club lucense non hai contestación ao Murcia, no equipo hai felicidade pola vitoria.
Erik Quintela: "Centrámonos no importante, que é o triunfo, estamos moi contentos".