Publicador de contidos
Publicador de contidos

Eric Washington despídese do Obradoiro

Eric Washington despídese do Obradoiro

O conxunto santiagués contaba con que volvería esta semana, pero finalmente terá que buscar outro base no mercado

Foto @OBRADOIROCAB
G24.gal 23/10/2023 18:16 Última actualización 23/10/2023 18:21

Eric Washington non vai volver ao Monbus Obradoiro. O base estadounidense causou baixa no partido que os composteláns gañaron ao Basquet Xirona por 85 a 79, segundo indicou o adestrador Moncho Fernández por razóns de índole persoal.

O conxunto santiagués contaba con que o xogador regresaría esta semana e era o panorama que se estaba manexando. Pero finalmente o base non volverá e o club terá que buscarlle un substituto para afrontar o que resta de campionato.

Nos partidos que vestiu a camisola do Obradoiro, Washington mediou 11,2 puntos, cun acerto do 26,1 % en triplas e do 43,2 % en tiros de dous, tres rebotes, catro asistencias e 1,2 roubos para unha valoración de 11,2 créditos na Liga Endesa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar