Cargando resultados...
Eric Fagúndez gaña a Clásica de Pascua en Padrón
G24.gal
23/04/2022 20:26
En ciclismo, disputouse a Clásica de Pascua en Padrón.
Trátase da primeira proba da Copa Galicia de estrada, que organiza o Club Ciclista padronés Cortizo. A Clásica da Pascua Memorial Francisco Rodríguez Pazos disputouse sobre un percorrido de 125 km con 6 cotas de montaña, e destacaron Pereira e Formarís.
Participaron 18 equipos, con 128 corredores de elite e sub-23. O gañador da Clásica foi Eric Fagúndez, do Aluminios Cortizo.