Cargando resultados...
Envorca un camión en Vilagarcía na rotonda que vai cara ao porto
Polo de agora descoñécense as causas do suceso e se hai danos persoais

G24.gal
23/07/2024 16:11
Última actualización 23/07/2024 19:11
Un camión envorcou a primeira hora da tarde deste martes en Vilagarcía.
O accidente ocorreu na nacional 640 á altura de Fontecarmoa, na rotonda que vai cara ao porto da vila.
Foi un particular o que alertou o 112 do sinistro.
Polo de agora descoñécense as causas do suceso e se hai danos persoais.