Publicador de contidos

Publicador de contidos

A cidade de Ourense reúne varios entroidos tradicionais, aínda que con grandes ausencias

A cidade de Ourense reúne varios entroidos tradicionais, aínda que con grandes ausencias

Tanto os cigarróns de Verín como as pantallas de Xinzo non estiveron presentes na xuntanza por discrepancias coa iniciativa

G24.gal 17/02/2023 21:20

Ás sete e media do serán deste venres saíron da Praza Maior os entroidos tradicionais da provincia de Ourense. Participaron en total 16 entroidos.

Algúns moi típicos como os folións de varias localidades, pero outros menos coñecidos fóra da súa contorna como as señoritas e os labardeiros de Mugares, en Toén, as madamas de Esgos ou os follateiros de Lobios.

Tamén algún recentemente recuperado como os peteiráns de Freás, en Castrelo de Miño.

Pero ademais houbo ausencias notables como os cigarróns de Verín ou as pantallas de Xinzo. Rexeitaron participar porque non comungan con esta iniciativa do carnaval da cidade.

Con todo concentráronse en Ourense máis de 300 persoas para amosaren os seus entroidos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade