Publicador de contidos

Publicador de contidos

Entréganse as medallas Pardo Bazán para unha sociedade máis igualitaria

Entréganse as medallas Pardo Bazán para unha sociedade máis igualitaria

Premian a primeira fareira galega, unha fundación contra a violencia machista e unha asociación que apoia mulleres con discapacidade

 

G24.gal 20/09/2022 22:14

Cristina Fernández, a primeira fareira galega; a Fundación María José Jove e a asociación Íntegro recibiron este martes as Medallas Pardo Bazán coas que se recoñece a contribución de persoas e entidades para construír unha sociedade máis igualitaria, xusta e solidaria.

O presidente da Xunta celebrou que estas condecoracións premien a traxectoria de mulleres referentes “que inspiran ás demais a seguiren o camiño da igualdade”.

Durante a súa intervención, o titular do Goberno galego puxo de relevancia o exemplo da “galega universal” que dá nome a estas distincións, pois “as súas leccións son unha guía para saber de onde vimos, que logramos e que nos queda por conseguir para que a igualdade real sexa cada vez menos un horizonte e cada vez máis unha realidade”.

Nese mesmo sentido, asegurou que non hai táctica nin discurso político que poida ignorar que as mulleres aínda son vítimas da desigualdade, polo que na loita da igualdade non caben “nin titubeos, nin pasos atrás”.

De Cristina Fernández, primeira fareira de Galicia e segunda de España, destacou a súa “pericia, bravura e naturalidade” que demostran os seus 48 anos á fronte do faro do Cabo Vilán e ser un exemplo de que non hai profesión nin territorio vedado para as mulleres.

No caso da Asociación Íntegro de Cabana de Bergantiños, o titular do Executivo autonómico remarcou como a igualdade e o compromiso están na súa esencia e as tres décadas de dedicación para que as mulleres con discapacidade poidan acceder a un traballo co que desenvolver con autonomía a súa vida.

Por último, sobre a Fundación María José Jove, puxo de relevancia o seu traballo para que os menores vítimas da violencia machista atopen na Fundación un segundo fogar.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade