Publicador de contidos

Publicador de contidos

Entre a cautela e o alivio no primeiro día sen máscara obrigatoria

Entre a cautela e o alivio no primeiro día sen máscara obrigatoria

Moitos cidadáns xulgan a medida precipitada

Outros celebran a fin da última gran restrición da pandemia

Antón Montero 20/04/2022 19:03

Había un ano e 11 meses que non se vían tantas caras despexadas nos centros comerciais. "Un pouco raro, pero mellor", dicía sentirse unha moza sen a máscara. Outra explicaba que 
"estamos vacinados, temos que empezar a vivir como viviamos antes, non ter medo".

Pero a fin da máscara obrigatoria non foi nin moito menos un festexo unánime. Moitos ven a medida precipitada.

"Creo que si, por vir agora da Semana Santa, con todo o aumento que houbo", di unha muller.

E outros, simplemente non teñen présa por sacala. "Xa me afixen a ela e xa a poño por inercia", relataba unha moza.

Dentro das tendas, o espazo redúcese e o respecto ao virus aumenta. Aínda así, unha clienta explicaba que "aínda que dá un pouco de medo, vou ir sen máscara". E un mozo xustificaba o paso para "volver activar o sistema inmunolóxico".

Na praza, maioría de máscaras entre os clientes e case unanimidade entre os vendedores. Unha pescantina admitía que "aquí pasa moita xente. Respecto a quen pase sen máscara, pero eu non".

Nos ximnasios agardan que a fin da máscara reactive o negocio, aínda que aquí persiste a división de opinións. O propietario dun conta que "hai xente que o está desexando e que quere adestrarse sen máscara, pero hai outra á que á fin da máscara lle quita seguridade".

Nas empresas, a decisión correrá a cargo dos servizos de prevención. A ministra de Sanidade.

 Carolina Darias, explicou que "a norma xeral é que non son obrigatorias, agás que haxa unha avaliación dos riscos do posto de traballo".

Nos transportes públicos ou nos taxis, nos centros sanitarios, nas farmacias e nas residencias, a máscara segue sendo de uso obrigado.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade