Publicador de contidos

Publicador de contidos

Os encoros están por riba do 80 % de capacidade en toda Galicia

Os encoros están por riba do 80 % de capacidade en toda Galicia

Experimentaron a maior suba semanal en 40 anos, con trece puntos máis ca a semana pasada

O nivel máis alto agárdase para o venres


 

G24.gal 04/02/2026 14:29

O encoro dos Peares alivia auga polas catro comportas. Está ao 98 % da súa capacidade. Un pouco máis abaixo, o Miño recibe a auga do Sil. Impresiona tamén a imaxe no encoro de Velle, cun caudal de 1.300 metros cúbicos por segundo.

En doce días de xaneiro choveu o dobre ca un xaneiro normal, e iso reflíctese nos caudais. O nivel de ocupación dos encoros galegos incrementouse un 20 % con respecto a hai dúas semanas, e a situación aínda non tocou teito.

"A situación está estabilizada, con tendencia a ir ascendendo e alcanzar o máximo o venres. A partir de aí, irá descendendo lentamente. Pero seguirán os caudais altos, polo menos a vindeira semana, porque segue chovendo", explica Carlos Ruiz del Portal, xefe de Planificación Hidrolóxica da CHMS.

As reservas hídricas aumentaron proporcionalmente. Na conca Miño-Sil alcanzan 600 hectómetros cúbicos.

"Para que nos fagamos unha idea, o encoro de Belesar, que é o maior de Galicia, ten 640 hectómetros cúbicos", explica Ruiz del Portal.

Traballan co prognóstico de chuvia, cando menos, ata o 13 de febreiro.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade