Encher o depósito do coche custa 26 euros máis que hai un ano
O prezo dos carburantes condiciona os destinos vacacionais
O custo dos carburantes está condicionando as vacacións de moitas familias, que este ano optan por desprazarse a lugares menos afastados tratando de minimizar o impacto dos prezos.
Aínda que nas últimas semanas baixaron os valores tanto do diésel como da gasolina, hoxe encher o depósito cústanos ao redor de 26 euros máis que hai un ano.
Diésel e gasolina xa se sitúan por debaixo desa barreira dos dous euros, algo que non sucedía desde finais de maio, pero encher o depósito segue sendo moito máis caro que o verán pasado, a pesar da bofinicación de vinte céntimos que se continúa aplicando.
Cada mes de agosto, miles de equipaxes poñen a proba a capacidade finita dos maleteiros. A DXT preveu case sete millóns de desprazamentos nas estradas españolas durante a operación saída que comezou o venres e remata o luns.