Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ence volve mobilizarse pola defensa da factoría e os postos de traballo

Ence volve mobilizarse pola defensa da factoría e os postos de traballo

Foi unha marcha para reclamar unha vez máis a permanencia en Lourizán

Agradecen á Autoridade Portuaria de Marín que lle solicitara ao Goberno central a incorporación dos terreos da biofábrica ás instalacións portuarias

G24.gal 27/05/2022 16:25

Ence volveu mobilizarse na defensa da factoría e os postos de traballo. Protagonizaron unha marcha que rematou na Autoridade Portuaria de Marín para agradecerlle ao presidente o apoio ás súas reivindicacións. 

Foi unha marcha para reclamar unha vez máis a permanencia en Lourizán, pero tamén foi unha marcha de agradecemento á Autoridade Portuaria de Marín por solicitarlle ao Goberno central a incorporación dos terreos da biofábrica ás instalacións portuarias.

Para os traballadores, está é a única vía para evitar o peche da factoría e garantir os postos de traballo. A mobilización rematou aquí no porto de Marín coa entrega dun manifesto ao presidente. 

Saíron da factoría nunha marcha que rematou no edificio da Autoridade Portuaria. Alí agradeceron ao presidente a defensa da continuidade da factoría no complexo de Lourizán. Ence exporta a totalidade da súa producción polo porto de Marín cunha media de catrocentas mil toneladas ao ano. 

É unha empresa estratéxica para o porto que xa iniciou os trámites para solicitarlle ao Goberno central a adscrición dos terreos de Ence ás instalacións portuarias. Deste xeito deixaría de depender da Lei de costas para rexerse pola Lei de portos.

En risco cinco mil potos de traballo directos e indirectos a maioría das auxiliares e o do sector forestal. A marcha dos rematou no porto onde os traballadores lle entregaron un manifesto ao presidente.

Publicidade
Publicidade
Publicidade