Publicador de contidos

Publicador de contidos

Ence detén temporalmente a actividade industrial polo baixo caudal do Lérez

Ence detén temporalmente a actividade industrial polo baixo caudal do Lérez

O Goberno galego solicitou a Ence que detivese a súa produción porque o Lérez estaba por debaixo do caudal ecolóxico

A Xunta decreta alerta previa por escaseza de auga na conca do río Lérez

G24.gal 21/07/2022 12:28 Última actualización 21/07/2022 14:36

A fábrica de Ence en Pontevedra para temporalmente a súa actividade industrial debido ao baixo caudal do Lérez, o río do que se fornece de auga.

A Xunta de Galicia, no exercicio da súa función de velar polo mantemento das masas de auga e o medio ambiente, advertiu á compañía da situación do río.

O Lérez, que abastece de auga a Pontevedra e os concellos da súa contorna, está actualmente por baixo do seu caudal ecolóxico. Ante esta situación, o Goberno galego solicitou a Ence que detivese a súa produción, unha solicitude que a empresa cumpriu de forma inmediata.

A fábrica atópase nestes momentos en pleno proceso de parada, algo que segundo a compañía está a executarse "en condicións de total seguridade".

Esta suspensión da actividade de Ence en Pontevedra prolongarase, en cumprimento da normativa vixente, ata que se normalice o caudal do río.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos