Publicador de contidos
Publicador de contidos

Enagás asume o hidroduto entre Guitiriz e Zamora para que funcione en 2030

Enagás asume o hidroduto entre Guitiriz e Zamora para que funcione en 2030

A compañía asume o proxecto como propio e considérao de "especial prioridade"

O hidroduto presentouse á convocatoria europea de proxectos de interese común 

Arturo Gonzalo con Alfonso Rueda e Francisco Conde este sábado
G24.gal 04/03/2023 12:10 Última actualización 04/03/2023 13:38

O conselleiro delegado de Enagás, Arturo Gonzalo, comprometeu este sábado todo o apoio da empresa ao hidroduto entre Guitiriz e Zamora e asegurou que asume este proxecto como propio para que estea "plenamente operativo en 2030".

Ratificouno tras manter unha xuntanza co presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e co vicepresidente primeiro, Francisco Conde, para evidenciar o compromiso "máximo" da compañía con Galicia tras adquirir, esta semana, a rede de gasodutos de Reganosa por 54 millóns de euros.

"Coa incorporación da rede de Reganosa teremos unha pegada de case 500 quilómetros de gasodutos de alta presión cunha sinerxía moi alta e plena integración no sistema de gasodutos da península".

Tras agradecerlle á Xunta que "impulsara" o acordo, Arturo González asegurou que Enagás vai "adquirir un rol moi importante" na integración, en España e Europa, da rede hidróxeno de Galicia.

"Enagás asume como propio o proxecto de hidroduto Guitiriz-Zamora ata agora impulsado por Reganosa. É un proxecto noso e de especial prioridade. Foi presentado á convocatoria europea de proxectos de interese común e comprometémonos a seguir impulsándoo".

O convenio tamén inclúe a incorporación de Reganosa á regasificadora de El Musel, en Asturias, que comezará a funcionar proximamente. A empresa galega fíxose co 25 % da planta por 95 millóns de euros.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, considera que Galicia deixa de ser unha illa enerxética e recolle os froitos da súa aposta polo hidróxeno verde.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos