Publicador de contidos

Publicador de contidos

En Sanxenxo, a expectación é máxima ante a visita do monarca

En Sanxenxo, a expectación é máxima ante a visita do monarca

O municipio ao que Xoán Carlos I viaxou en moitas ocasións ao longo da súa vida é o lugar elixido para o seu regreso a España

A última vez que puidemos ver o rei na vila foi en novembro de 2019, nunha entrega de trofeos no Náutico

G24.gal 16/05/2022 14:53 Última actualización 16/05/2022 15:32

Que Xoán Carlos I elixa Sanxenxo para o seu regreso a España non é unha sorpresa, xa que as visitas ao municipio foron frecuentes durante a súa vida. 

A estancia coincide coa celebración a próxima fin de semana da regata InterRías. Os hoteis están case o completo debido ao evento, pero tamén pola chegada dos medios de comunicación que se instalan na vila ante a grande expectación. Ademais, haberá un importante reforzo da seguridade. 

Xoán Carlos I coñece ben o municipio. A última vez que o visitou foi no 2019, para presidir unha entrega de trofeos da Copa de España. Ademais do deporte, en Sanxenxo están amigos do seu círculo máis próximo.

Desde o Real Club Náutico de Sanxenxo non confirman a noticia e tampouco desde o Concello, que gardan a máxima discreción. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade