Publicador de contidos

Publicador de contidos

En marcha a trixésima edición do Ourense Film Festival

En marcha a trixésima edición do Ourense Film Festival

Na xornada inaugural foron premiados o compositor José Manuel Cancela e a actriz Charo Pena

G24.gal 26/09/2025 21:01 Última actualización 26/09/2025 21:59

O Ourense Film Festival (OUFF) celebrou a gala inaugural da súa 30ª edición na que entregou o Premio Chano Piñeiro ao compositor galego José Manuel Cancela, así como o Premio Honorífico de Aisge á actriz e directora de dobraxe Charo Pena.

A gala foi presentada pola actriz Ruth Gabriel, gañadora do Goya a actriz revelación por 'Días Contados', e o xornalista Iván Iglesias, marcada polo compromiso co audiovisual galego.

Cancela, que conta con cinco premios Emmy, é o autor da banda sonora oficial desta edición. O músico ourensán John Axiom foi o encargado de entregar o premio e facer un 'remix' do tema que será interpretado na súa totalidade o domingo pola Xove Orquestra Ourensanía. A gala terminou coa aparición do director Javier Veiga, que presentou o seu filme 'Praia de Lobos'.

O Ourense Film Festival (OUFF), que terá lugar desde este venres ata o 5 de outubro, incluirá 11 seccións, tres de pago e o resto de balde, e coa inclusión de catro películas de estrea internacional. Entre as cintas que estarán nesta edición do OUFF atópase a película de Paula Cons 'O meu Ilustrísimo Amigo', que terá a súa estrea en Galicia dentro do marco do festival.

O conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, asistiu á gala inaugural, onde destacou o papel pioneiro do OUFF.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade