Publicador de contidos
Publicador de contidos

Os condutores españois prefiren os vehículos híbridos aos eléctricos

Os condutores españois prefiren os vehículos híbridos aos eléctricos

A autonomía e a falta de puntos de recarga lastra a venda de vehículos eléctricos

 

G24.gal 02/04/2024 14:49

Paseniño, entre o parque móbil vai medrando o número de vehículos electrificados, pero entre as alternativas que ofrece o mercado, en España os condutores prefiren os vehículos híbridos aos cen por cento eléctricos.

"Os híbridos levan dous motores, un de gasolina e un eléctrico, que se van complementando os dous e o eléctrico vai cargando coa rexeneración que fai o coche, as emisións son moito máis baixas e os consumos de combustible tamén", explica Benito Mayor, xerente do Grupo Breogán en Lugo.

A autonomía, a insuficiente rede de cargadores e obsolescencia das baterías retarda a venda dos coches eléctricos en favor das vantaxes que ofrecen os híbridos e os híbridos enchufables.

"Hai moitos factores que inflúen, especialmente o de non ter limitación en canto a autonomía. Cun híbrido enchufable unha persoa que faga recorridos diarios duns 40 quilómetros pode usar o coche en modo eléctrico e nunha viaxe longa tirar do motor de combustión", sinala José Ramón López Armesto, xerente de Nissan Fergil Auto e Hyundai Ditramotor.

Mentres que en España e Europa despuntan os híbridos enchufables, no caso de Galicia o 90 % das vendas é de híbridos tradicionais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade