Cargando resultados...
En dous anos o consumo de cocaína duplicouse en Galicia, superando a media española
Máis do 14 % dos galegos probaron algunha vez a cocaína
G24.gal
03/02/2024 15:30
Última actualización 03/02/2024 17:42
Segundo a última enquisa elaborada polo Plan nacional sobre drogas, máis do 14 % dos galegos probaron a cocaína algunha vez na súa vida.
Desde a Fundación Galega contra o Narcotráfico aseguran que este incremento no consumo supón un salto cualitativo preocupante. Centros de atención á drogodependencia e profesionais da psicoloxía advirten dos riscos que se agochan tras esta realidade.