O Lugo sucumbe á pegada do Valladolid (4-1)
Minuto a minuto
Boa tarde! O Lugo visita por sexta vez Zorrilla, onde non coñece a derrota
Nos cinco encontros anteriores, os lucenses volveron con cinco empates, o último deles, hai cinco anos. O balance global tamén é favorable aos galegos, vencedores en dous dos once enfrontamentos ante os valisoletanos, que só foron capaces de gañar unha vez, precisamente esta temporada no Anxo Carro
Esta é a aliñación elixida por Rubén Albés para o partido, con Xavi Torres no posto de central
|ALIÑACIÓN| 👥
— Club Deportivo Lugo (@CDeportivoLugo) April 2, 2022
Con este 1⃣1⃣ inicia o @CDeportivoLugo o seu partido de hoxe fronte ao @realvalladolid!#RealValladolidLugo #ForzaLugo pic.twitter.com/OXJGSTn5nK
Salta ao céspede o Lugo a realizar os derradeiros exercicios de quecemento!
SALTAMOS AO CAMPO! 💪#RealValladolidLugo#ForzaLugo pic.twitter.com/7TNsGAsscC
— Club Deportivo Lugo (@CDeportivoLugo) April 2, 2022
Comezou o partido no Zorrilla! Perdeu o primeiro balón o Lugo
Pedía penalti Toni Villa dentro da área lucense no primeiro achegamento local, non o considerou así González Esteban
Gol de Óscar Plano
Centro de Nacho Martínez, rexeita o Lugo pero o Valladolid queda co balón. Parede de Plano con Toni Villa e o xogador do conxunto valisoletano que bate coa zurda a Whalley.
Descartou o VAR unha posible posición antiregulamentaria. Mancouse o goleador na acción do remate
Cartón para Xavi Torres por unha entrada no centro do campo
Cartón amarelo para Alberto Rodríguez por cortar a contra de Roque Mesa. Os dous centrais do Lugo con tarxeta antes dos primeiros 20 minutos de partido
Ocasión de Weissman para o Valladolid!
Falta lateral do Lugo directamente a Masip, saque fantástico longo que non foi quen de aproveitar o dianteiro do cadro valisoletano. O seu disparo marchou moi desviado
Non chegou Clavería a rematar un bo centro de Señé, empurroulle Nacho Martínez o xusto para evitar o remate do xogador albivermello
Entrada moi contundente sobre Sebas Moyano, por sorte pode continuar sobre o céspede. Saldouse a xogada sen cartón para o futbolista do Valladolid
Remate moi alto de Ricard
Roubolle a carteira Joaquín Fernández a Chris Ramos cando xa encaraba a Masip. E no contraaque falta perigosa de Pita sobre Toni Villa na frontal da área
Tocou na barreira a falta de Nacho Martínez, será saque dende o curruncho a prol do Valladolid. Despexou Chris Ramos sen maior perigo
Primeiro achegamento con perigo do Lugo no partido!
Centro de Alberto Rodríguez e remate de Carrillo que marchou a rentes do pau esquerdo da portería de Masip
Ocasión do Valladolid nas botas de Aouar, no córner posterior despexou ata en dúas ocasións o Lugo
Tempo de lecer no José Zorrilla!
Moi pouca presenza dos dous equipos nas áreas, pero dominadores os locais. Óscar Plano adiantou o cadro valisoletano e mancouse nesa mesma acción.
O Lugo tivo só un achegamento de perigo nunha testada de Carrillo
Comezou a segunda metade, o Lugo na procura do empate
Gol de Weissman, o segundo do Valladolid
Boa presión do cadro valisoletano, Pita perde o balón e o dianteiro israelí recibiu na área, controlou, caneou e definiu á perfección
Sufrindo moito o Lugo a pegada do Valladolid, ocasión moi clara de novo dos homes de Pacheta
Asoballando o Valladolid, dominador absoluto. Achicando auga o cadro lucense nestes minutos
Sentencia o Valladolid, marca Anuar o terceiro
Erro defensivo, completamente só recibiu dentro da área o centro de Gonzalo Plata para facer o terceiro do Valladolid no partido
Penalti a prol do Lugo logo da revisión do VAR! Houbo man de Nacho Martínez dentro da área
GOL DE MANU BARREIRO!
Enganou a Masip o 'patrón dos penaltis' para poñer o 3-1 no marcador e darlle algo de esperanza ao seu equipo
Penalti a prol do Valladolid
Derrubado precisamente Nacho Martínez dentro da área e González Esteban que non o dubidou
Gol de Sergio León, forte e polo medio enganou a Whalley
Pouco durou a emoción dunha posible remontada
Non chegou Iriome ao balón peiteado por Barreiro, o partido xa non ten moito máis que contar
O Lugo sucumbiu no José Zorrilla (4-1). O Valladolid dominou o encontro e aproveitou as súas ocasións para golear os de Albés.
Manu Barreiro marcou dende o punto de penalti o gol da honra do cadro lucense. O cadro valisoletano é o único equipo que esta tempada foi quen de superar os albivermellos por máis dun gol nos dous partidos desta tempada