O Rácing reacciona demasiado tarde en Mérida (2-1)
Deixou que os locais collesen unha vantaxe moi importante e o gol de Padilla no 80 non foi dabondo
Minuto a minuto
Xa temos equipo do Rácing. Sen sorpresas no cadro de Parralo
👋 ¡Moi bos días familia!
— Racing Club Ferrol (@racingferrolsad) April 9, 2023
📋👥 Once inicial 🆚 @Merida_AD #MeridaRacing #OpaRacing #PrimeraFederacion pic.twitter.com/mNCfJv3HGU
En xogo o partido do Rácing no Romano José Fouto
Centro de Héber, case chegan Manu Justo e Carlos Vicente. Boa ocasión do Rácing.
Centro con moito perigo do local Busi, pero sen remate.
Penalti a prol do Mérida por mans de Bernal. Tira Nacho e paradón de Gazzaniga!!!!!
1-0 Que mala sorte!!! Á saída do córner toca David Castro que marca na propia portería
Centro chut de Héber que vai ás mans do porteiro Juampa
Tempo de lecer no Romano. Aproveita Parralo para meter a Álex López no lugar de Chacón
Salvouse o Rácing. Ocasión moi clara para Dani Lorenzo!!!
Sandoval ao traveseiro. Segundo aviso do Mérida!!!
2-0 Golazo de Sandoval de córner directo
Clarísima de Manzanara para meterse no partido!!!!
2-1 GOOOOL de Padilla cun remate desde a frontal. Hai partido!!!!!
Tivo Manel o empate!!!!
Meteu moita presión o Rácing ata o último intre e meteu o Mérida na súa área, pero non chegou o gol do empate.