Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un punto para o Lugo no campo do pechacancelas

Un punto para o Lugo no campo do pechacancelas

Xavi Torres adiantou o equipo galego de penalti que controlou o partido ata o treito final no que presionou o Alcorcón e acadou o empate

G24.gal 26/11/2021 20:01

Os da muralla acadaron un empate a 1-1. Un punto que parece un botín menor na casa do pechacancelas, e máis tendo en conta que os galegos se adiantaron no marcador. Pero sufriron ao final para non perder e sumaron por terceira xornada consecutiva.

Esta era a reflexión de Albés logo do partido:

Minuto a minuto

Tres trocos na aliñación do Lugo. O equipo de Rubén Albés sae de inicio con: Whalley, Canella, Ros, Alende, Lebedenko; Xavi Torres, Seoane, Señé; Cuéllas, Cris Ramos e Carrillo. Trocan con respecto ao último partido Whalley, Canella e Seoane que entran no lugar de Vieytes, Ricard e Hugo Rama. 

Comeza o partido! Un encontro no que o Lugo pode deixar moi ferido a un rival directo pola permanencia. O Alcorcón só sumou 8 puntos ata o de agora. De gañar o cadro lucense situaríase con 23, nunha situación inmellorable a falta de tres xornadas para rematar a primeira volta
m3

Primeiro aviso do Lugo. Disparo de Carrillo que se vai lixeiramente desviado

m14

Outra de Carrillo. Acción de estratexia que remata o dianteiro por riba do traveseiro

m25

GOOOOOL a prol do Lugo. Penalti por mans na área do Alcorcón que transforma Xavi Torres (0-1)

m45

Descanso en Santo Domingo. Boa primeira parte do Lugo que controlou á perfección o seu rival e aproveitou unha das ocasións que tivo co penalti transformado por Xavi Torres

m51

Outra chegada máis do Lugo cun novo remate de cabeza de Carrillo parado por Dani Jiménez

m61

Aviso do Alcorcón cun lanzamento alto de Marc Gual

m72
Empata o Alcorcón (1-1). Marca o ex xogador do Celta Juan Hernández nun remate de cabeza. Menos de vinte minutos para o final
m76

Outra de Juan Hernández e paradón de Óscar Whalley

m86

Posible penalti a prol do Lugo que o árbitro saca da área

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar

Publicador de contidos