Publicador de contidos

Publicador de contidos

Yamal e Oyarzabal esnaquizan a Arabia en vinte minutos (4-0)

Yamal e Oyarzabal esnaquizan a Arabia en vinte minutos (4-0)

Os dous atacantes marcaron os tres goles nun primeiro tempo pletórico e xa non volveron ao campo despois do descanso

España recupera as boas sensacións e xogarase o primeiro posto do grupo diante de Uruguai

G24.gal 21/06/2026 17:35 Última actualización 21/06/2026 20:01

Minuto a minuto

A selección española xoga diante de Arabia Saudí o segundo partido da fase de grupos do Mundial 2026. Despois do decepcionante empate no primeiro partido diante de Cabo Verde, afronta este segundo encontro coa obriga de gañar para non deixalo todo pendente da derradeira xornada na que se mediá ao Uruguai

Equipo titular da selección española. Lamine Yamal, titular. Tamén entran no equipo Pedro Porro, Dani Olmo e Álex Baena

1

Comeza o partido!!!! Sacou a selección española

4

Centra Yamal, toca Baena e atrapa o porteiro Alowais. E na seguinte xogada Yamal busca un disparo desde fóra da área. Todo o ataque de España vai pola banda de Lamine Yamal

8

Córner que saca Yamal e remata alto Dani Olmo. 

10

Deixada de Yamal a Porro que proba o disparo desde lonxo. Arriba

11

1-0 GOOOOOOL DE LAMINE YAMAL. Baena en profundidade sobre Oyarzábal e pase medido para un Yamal que estaba aparecendo por todos os lados

17

Tiro de Oyarzábal que rexeita Alowais

21

2-0 GOOOOOOOL DE OYARZÁBAL. Á saída dun córner e tras varios rexeites acaba marcando o dianteiro da Real Sociedade

24

3-0 GOOOOOOOL de OYARZÁBAL. Chegada de Cucurella, toca Dani Olmo e repite Oyarzábal

30

Tiro desviado de Yamal. Parece que baixa un pouco o ritmo despois da pausa de hidratación

36

Oyarzábal roza a tripla goleadora. Lamentable despexe do porteiro Alowais e o dianteiro remata ao traveseiro ... E na seguinte xogada Lamine tira e rexeita Alowais

42

Outra de Oyarzábal. Remata cruzado. Busca España o cuarto antes do descanso

45

Baena pasa a Rodri que remata alto. Haberá cinco de engadido

Remata a primeira parte co partido decidido en 24 minutos. Oyarzábal estivo letal e Yamal entrou no partido como unha moto. De La Fuente medita se cambialo porque non está en plenitude e o partido está sentenciado. 

Yamal queda no banco. Tampouco sae Oyarzábal. Ao campo Yeremy Pino e Ferrán Torres

49

4-0 GOOOOOOL DE ESPAÑA. Córner, prolongación e bolea de Cucurella que toca no porteiro Alowais, en Altambakti e acaba na portería

53

Agora é Porro o que chega desde o lateral dereito e obriga a intervir a Alowais

61

Baena e Olmo marchan. Entran Merino e Nico Williams, que tentará coller ritmo de competición despois da súa lesión

70

Descanso para Pedri. Entra Fabián. O partido está resolto de o adestrador xa pensa en dosificar para o enfrontamento contra Uruguai

81

Unai Simón intervén por primeira vez no partido para deter un disparo lonxano

82

Remate de Yeremy Pino a centro de Nico Williams. Recibe un golpe na cara pero pode seguir no partido

92

Gol de Ferrán Torres ... anulado por posición de fóra de xogo despois dunha longa revisión

98

Remata o partido con vitoria clara da selección española. En 25 minutos o partido estaba resolto. Yamal e Nico colleron ritmo. Agora decidirase a primeira posición do grupo diante de Uruguai. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade