Publicador de contidos

Publicador de contidos

A efectividade da Ponferradina decide o derbi dos Ancares (3–1)

A efectividade da Ponferradina decide o derbi dos Ancares (3–1)

Os do Bierzo sentenciaron o encontro no segundo tempo en dúas accións seguidas

Ao Lugo anuláronlle un penalti logo da revisión do VAR no primeiro treito do partido

G24.gal 17/04/2022 14:19

Minuto a minuto

1'

Comezou o partido!

 

Move o balón o Lugo

3'

Como comezou o partido no Toralín!

 

Dobre oportunidade para o cadro lucense e penalti a prol dos albivermellos logo dunha gran xogada de Cuéllar que anula o árbitro despois de consultar co VAR!!

13'

Gol de Edu Espiau para a Ponferradina, unha xenialidade de tesoira (malia que semella que a súa intención era centrar) que acaba no fondo da rede

27'

Tentouno co calcaño Señé saíu o seu remate moi desviado

33'

Ocasión clarísima de Naranjo!

 

Que perigo está a crear a Ponferradina cos saques de banda longos, así chegou tamén o seu gol no encontro

45'

Protesta penalti Ricard Sánchez nunha acción na área local!

 

Semella que se deixou caer ao mínimo contacto co defensor

45+3'

E outro penalti que pide Manu Barreiro por un pisotón!

 

Non o considerou así Sánchez López

DESCANSO

Tempo de lecer no Toralín!

 

Comezou moi ben o Lugo que tivo dúas grandes ocasións para abrir o marcador. Ademais, o colexiado anuloulle un penalti logo da revisión do VAR

 

No minuto 13' Edu Espiau cun remate inverosimil de tesoira (semella que sen esa intención) puxo por diante á Ponferradina

 

Barreiro e Ricard protestaron penalti no engadido do primeiro tempo

Comezou a segunda metade!

48'

Falta dende a frontal de Naranjo que sae por riba do traveseiro de Whalley

51'

Gol de Jose Naranjo a prol da Ponferradina

 

Gran parede con Yuri e o ex do Celta que define á perfección para bater a Whalley e poñer o segundo do partido

53'

E xusto na seguinte xogada... vaia golazo acaba de anotar Dani Ojeda para practicamente poñer a sentenza do partido para a Ponferradina

 

Disparo forte dende a frontal imparable para Whalley, misión imposible para o Lugo rabuñar algo positivo da súa visita ao Toralín

59'

E outra vez chegando con perigo o cadro local

 

Estivo ben Whalley para deter o remate de Edu Espiau dende a frontal

60'

Case marca o Lugo!

 

Coa testa rematou Iriome un saque dende o curruncho, Amir tivo que evitar o tanto cunha man providencial

74'

Carrillooooo... fóra

 

Bo centro de Ricard e o remate do dianteiro albivermello marchou a rentes do pau

81'

Directamente ás mans de Amir o centro lateral de Sebas Moyano

 

Está todo decidido no Toralín

87'

Parou Amir o remate en prancha de Carrillo

89'

Que golazo de Sebas Moyano para o Lugo!!

 

Moi activo dende que entrou ao partido, capturou o balón no centro do campo, conduciu, deixou co molde a dous defensores e puxo o 3-1 no marcador

 

Mágoa que chegue este gol da honra sen tempo para unha posible reacción albivermella

FINAL

Un gran inicio do Lugo no que tivo na súa man adiantarse no marcador viuse frustrado por unha revisión do VAR que lle anulou un penalti nos primeiros intres de xogo

 

A partir dese momento, a Ponferradina fíxose co dominio do partido. Atopou o gol nunha acción de fortuna de Edu Espiau e sentenciou o encontro en dúas accións cun minuto de diferenza do segundo tempo

 

Sebas Moyano entrou con moitas ganas o partido dende o banco, e no minuto 89 deixou unha fermosa xogada para anotar o gol da honra

 

Malia a derrota, o Lugo segue cun bo colchón de puntos sobre os postos de descenso 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade