Publicador de contidos
Publicador de contidos

Aidoo rescata un punto no minuto 90

Aidoo rescata un punto no minuto 90

Adiantárase o Xetafe cun golazo de falta de Enes Unal no seu único tiro entre os tres paus

O Celta dominou e tivo o premio no último intre do partido

G24.gal 24/10/2022 19:42 Última actualización 24/10/2022 23:02

Minuto a minuto

O Celta ten o reto de mellorar a imaxe da última media hora de Valladolid. Os de Coudet veñen de tres derrotas consecutivas e enfróntanse a un Xetafe que está en descenso a un só punto dos vigueses. Albíscase un partido moi importante!!!

Xa temos XI do Celta. Volven Unai e Gabri Veiga!!!

No Xetafe é titular Borja Mayoral que marcou dous goles a temporada pasada en Balaídos e era o dianteiro polo que suspirou o Celta neste mercado de verán. Unal, Milla, Maksimovic ... hai calidade nos de Quique Sánchez Flores

1

Comeza o partido en Balaídos!!

7

Ben o Celta na presión pero falta pisar a área con perigo. Tentouno Cervi

11

Gol anulado ao Celta. Aspas estaba en fóra de xogo. Logo asistiu a Strand Larsen pero a xogada non valía

28

Hugo Mallo mancado non pode seguir. Prepárase Mingueza. Moitas interrupcións no partido

37

Gran centro de Mingueza que está a centímetros de rematar Iago Aspas. Boa ocasión!!!

42

0-1 Golazo de Enes Unal de falta directa. Supera a barreira e bate a Marchesín

 

Houbo seis de engadido. Descanso en Balaídos co 0-1 a prol do Xetafe

48

Segunda parte en xogo cun remate de Algobia a prol do Xetafe e a resposta de Gabri Veiga

53

Gabri insiste co disparo desde fóra da área e obriga a Soria a facer unha gran parada

61

Aspas, ás mans de Soria. Os mellores minutos do Celta no partido

64

Galán entra en diagonal e remata arriba coa dereita ... E ao campo Carles Pérez e Paciencia

73

Portu entra por Mayoral e avisa cun remate desde a frontal que sae preto do poste

79

Luca De La Torre e Tapia entran no partido. O Celta insiste á procura do empate. Ten o 70% da posesión

86

Paciencia búscao desde lonxe. Esgótanse o tempo e as ideas en ataque

89

GOOOOOL de Aidoo. Centro de Aspas e remata o central á rede!!!!!!! Con suspense pola revisión do VAR pero vale o gol

 

95

Remata o partido en Balaídos. O Celta salvou un punto despois de dominar todo o partido. O Xetafe marcou no único lanzamento entre os tres paus

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos