O Celta perdoa a un Cádiz que xogou con dez durante máis dunha hora (1-1)

Chris Ramos adiantou o Cádiz e Strand Larsen empatou no segundo tempo

O Celta tirou 26 veces a portería e o seu rival só dúas

Outra xornada en que o cadro vigués non dá gañado como local

G24.gal 04/12/2023 19:19 Última actualización 04/12/2023 23:03

Minuto a minuto

Péchase a xornada 15 na Primeira División co partido de Balaídos, fundamental para o Celta que quere estrear o taboleiro de vitorias como local nesta temporada. No caso de sumar os tres puntos igualaría co Cádiz a 11 puntos. 

Xa temos o XI do Celta. Mingueza e Tapia no centro do campo, Luca e Bamba nas bandas con Iago e Larsen arriba. 

O XI do Cádiz é o formado por David Gil, Fali, Alcaraz, Chust, Rubén Sobrino, Álex Fernández, Iván Alejo, Javi Hernández, Chris Ramos, Iza e Roger Martí. 

1

Partido en xogo!! O Celta vai á procura da primeira vitoria como local

3

Centro de Javi Hernández e mal control de Roger Martí na área. Primeiro achegamento para o Cádiz

9

Laaaaarsen!!!! Que ocasión!!! Puxo o centro Manu Sánchez e o remate de Jorgen foise rozando o longueiro

16

Volve probar Strand Larsen desde a frontal pero non atopa a portería

16

0-1 Que resposta do Cádiz!!! Gran centro de Iván Alejo e marca o ex do Lugo Chris Ramos

21

Mingueza!!!!! Gran remate e resposta do porteiro do Cádiz que manda a córner

27

Novo achegamento do Celta cun remate de Larsen que atrapa o porteiro visitante David Gil

31

Centra Kevin e remata Strand Larsen cruzado de máis!!! O noruegués búscao de xeito insistente

33

Cartón vermello a Víctor Chust por agarrar a Aspas na frontal da área. Queda con 10 o Cádiz

39

Troco no Cádiz. Entra Mbaye, un defensa, por Roger Martí, un dianteiro

40

Remate de Aspas e paradón de David Gil!!!!! Outra clarísima

45

Tapia buscouno desde a frontal pero marchou desviado por pouco

49

Cabecea Unai por riba do traveseiro. Insiste o Celta para empatar antes do descanso

Tempo de lecer en Balaídos. 10 remates do Celta por 1 do Cádiz pero a efectividade foi dun equipo cadista que leva en inferioridade desde o minuto 33

46

Imos coa segunda metade!! En Balaídos hai 17.302 espectadores

55

Ao campo Hugo Sotelo e Carles Pérez no lugar de Kevin e Starfelt

57

1-1 GOOOOOOOL de Strand Larsen que empurra o centro de Manu Sánchez

60

Tivo o segundo Larsen nunha xogada de ataque moi embarullada que acabou en córner

67

Probou Alcaraz desde fóra da área, o segundo disparo do Cádiz en todo o partido

72

Recibe Larsen, faise un oco na área pero o seu remate é rexeitado por David Gil coa cabeza

75

Hugo Sotelo envía unha falta directa lixeiramente alta

85

Entramos no treito final. O Celta engarrafa o Cádiz no seu campo pero non acaba de ter ocasións

87

Pega un disparo Ristic ás mans de David Gil

92

Entran Dotor e Douvikas por Larsen e Luca de la Torre ... Quedan 3 minutos para o final

93

Remata Bamba de cabeza e saca a córner David Gil. Xa son 26 lanzamentos a porta do Celta por 2 do Cádiz

Final en Balaídos. Empate decepcionante para un Celta que xogou contra dez durante máis dunha hora

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar