En directo o Celta - Betis (1-1)

Minuto a minuto
O Celta adiante o partido correspondente á xornada 6 polos seus compromisos europeos. O seu rival, o Betis, é o outro representante do fútbol español na Europa League. Un punto de seis é o balance dos de Giráldez nestas dúas primeiras xornadas. Encadeará agora tres partidos seguidos como local: Betis, Vilarreal e Xirona.
Xa temos os equipos titulares dos dous equipos. Borja Iglesias será titular
Xa temos os XI do partido do @RCCelta
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) August 27, 2025
🆚 @RealBetis
⏰ 21:00
🏟️ Balaídos
En directo
G24 📲 https://t.co/QZgLu94VE7
📻 https://t.co/Xw5xoRUswz pic.twitter.com/L9G01SYOMw
Partido en xogo!!!!
Pase en profundidade a Williot e sae como un foguete o porteiro Álvaro Valles para despexar
Centra Ruibal e chapa Radu. Os dous equipos loitan pola posesión. De momento, sen ocasións
Recibe o Cucho Hernández na frontal e o seu tiro marcha preto da escadra
Javi Rodríguez!!!! Remate de cabeza á saída dun córner que marcha preto do pau

Contra rapidísima do Celta con remate de Pablo Durán que saca Valles co pé

Bartra, desde moi lonxe, proba sorte pero tira á bancada
Cae Riquelme na área e quéixase dunha pisada de Javi Rodríguez. Non hai nada
Ristic salva baixo paus un remate de Riquelme!!! A mellor ocasión do partido
🫣 ¡Salvada bajo palos de Ristic para evitar el gol del @RealBetis! #VUELVELALIGA | #LALIGAHighlights | @RCCelta pic.twitter.com/KR9nGuJBYO
— LALIGA (@LaLiga) August 27, 2025

Entra na área Lo Celso e aparece Yoel Lago para salvar unha opción perigosa
0-1 Gol de Bartra que remata de cabeza un córner lonxe do alcance de Radu
Tempo de lecer. O Betis marcou na última xogada do primeiro tempo e antes avisara Riquelme. O Celta precisa mellorar

Entra Javi Rueda no lugar de Williot. Adianta a posición Hugo Álvarez
1-1 GOOOOOOL de HUGO ÁLVAREZ. Saída en tromba do Celta neste segundo tempo e o ourensán marca cun remate desde a frontal
Marcha Ristic e entra Marcos Alonso no campo
Jutglá por Borja Iglesias. Intenta dominar o Celta pero ningún dos dous equipos está a xerar oportunidades
Tres trocos no Betis ... e dous no Celta. Entran Aspas e Bryan Zaragoza
Marcos Alonso remata forzado á saída dun córner. Sae desviado
Tiro de Bryan Zaragoza que saca a defensa, volve a acosar o Celta
Jutglá remata de cabeza e salva Valles!!!! Será córner
Pide penalti Aspas!!!! O colexiado, logo da revisión polo VAR, non indica nada