Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta salva un punto diante do Alavés sen tirar a portería

O Celta salva un punto diante do Alavés sen tirar a portería

Adiantouse o equipo vigués cun gol en propia porta de Rafa Marín

Iván Villar, o máis destacado do Celta

Luca de la Torre foi expulsado e Omorodion empatou na segunda metade

G24.gal 28/09/2023 18:27 Última actualización 28/09/2023 20:53

Minuto a minuto

Imos co directo do partido que enfronta en Balaídos ao Celta e o Alavés. Tres partidos en Balaídos e tres derrotas sen marcar. Cómpre mudar a xeira de resultados. 

Xa temos equipo do Celta!!!! Aidoo regresa como titular á defensa no lugar de Carlos. O resto, os que xogaron 80 minutos fantásticos diante do Barcelona

O Alavés ten dous puntos máis que o Celta logo de sumar dúas vitorias e catro derrotas. Como visitante, tres partidos e tres derrotas (tampouco marcou ningún gol)

1

Saca o Alavés, balón en movemento!!!

3

Fallo de Starfelt que aproveita Samu Omorodion pero rexeita o lanzamento Iván Villar

7

Clara de Mingueza!!!! Centra Bamba e o lateral remata a rentes do pau

13

Proba sorte Fran Beltrán desde fóra da área. Un bo lanzamento. E na seguinte xogada cartón para Luca de la Torre

19

Hagi recolle un rexeite á saída dun córner pero o seu remate vaise fóra. Partido moi parello

24

Outro susto do Alavés. Centra desde a dereita Sola, remata Hagi e salva baixo paus Mingueza

35

1-0 GOOOOOOL do Celta!!!! Incrible o erro de Rafa Marín que cede ao seu porteiro desde lonxe sen percatarse de que estaba descolocado. A bola entra na propia porta vitoriana

44

Acción individual de Gorosábel que chega sen forza ao remate e chapa Iván Villar

45

Paradón de Iván Villar!!!!! Salva unha cabezada de Rebbach na última xogada da primeira metade

47

Tira Hagi, rexeita a defensa e Sola remata ás mans de Iván Villar

56

Entra Carles Pérez no campo no lugar de Strand Larsen

59

Falta que saca Hagi e resposta dun xeito inmellorable Iván Villar!!

63

Máis trocos no Celta. Saen Aspas e Beltrán, entran Douvikas e Tapia

68

Expulsado Luca de la Torre. Segundo cartón para o centrocampista, este moi rigoroso!!!

73

1-1 Xogada de Javi López pola esquerda e remata Samu Omorodion na área pequena. Marcha Bamba e entra Dotor

84

Remata Omorodion e salva Starfelt baixo paus. Pásao mal o Celta en inferioridade

90

Segue acumulando achegamentos o Alavés pola banda que defende Mingueza. Agora foi Luis Rioja e Starfelt o que despexou

94

Kike remata e para Iván Villar. O Celta está engarrafado na súa área

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade