Triunfo do Breogán que vale unha Copa
Impúxose ao poderoso Baskonia por 89-83 e só unha carambola incrible afastaría o equipo lucense de xogar o gran torneo da ACB
Musa, unha vez máis estelar con 26 puntos
Minuto a minuto
Un dos partidos máis importantes dos últimos tempos para o Breogán. No caso de gañaren ao Baskonia tería case asegurada a súa presenza na Copa. Pero o rival é dos máis duros da liga.
#ActitudeRío e adiante!! pic.twitter.com/82KhYCc6n7
— Río Breogán (@CBBreogan) January 19, 2022
Comeza con forza o pivote Mahalbasic, que anota os seis primeiros puntos do Breogán (6-3)
14-17 a prol de Baskonia. Ollo ao acerto na tripla dos vitorianos que levan un 3/4. O Breogán tenta dar resposta con Musa e Kalinoski.
🎯 @DzMusa cuanto más lejos, mejor.
— Liga Endesa (@ACBCOM) January 19, 2022
¡El bosnio comienza a calentar la muñequita!
📺 En directo en @MovistarPlus #ListosParaRomperla#LigaEndesapic.twitter.com/MrJ89A8qVt
Remata o primeiro cuarto cun 19-24 a prol de Baskonia. Mahalbasic (6 puntos) e Musa (5) os máis destacados no equipo breoganista que chegou a empatar a 19 pero recibiu un parcial de 0-5 no último minuto.
24-27. Foise Baskonia de 8 (19-27) pero un parcial de 5-0 obriga a Spahija a solicitar un tempo morto.
46-43 ... Impresionante o nivel ofensivo dos dous equipos. Musa quere a Copa! Xa son 13 puntos no segundo cuarto para un total de 18
50-47. Vaia segundo cuarto!!!! Parcial de 31-23 para o Breogán cun Musa pletórico. Queda todo por decidir na segunda metade.
8️⃣ puntos en poco más de minuto
— Liga Endesa (@ACBCOM) January 19, 2022
1️⃣8️⃣ puntos en la primera mitad
¡@DzMusa quiere estar en la #CopaACB de Granada!
📺 @MovistarPlus#ListosParaRomperla#LigaEndesa pic.twitter.com/jH8awqiP4p
57-59 Festival de triplas!!! Anota Granger, resposta Sergi Quintela ... E volve anotar Granger de tres. Continúa a igualdade
69-62. O Breogán en vantaxe grazas a un parcial de 10-0 no treito final do terceiro cuarto (do 57-61 ao 67-61) ... Só queda o último cuarto!!!
76-65 ... O Breogán pasa por primeira vez a barreira dos dez puntos. Cada vez máis preto de xogar a Copa
83-70 ... Triplaaaaaaa de Musa e o Breogán comeza a soñar co triunfo diante do poderoso Baskonia e coa Copa
89-83 FINAAAAAAAAAAL ... Triunfo para a lembranza do Breogán que ten a Copa na man. Só unha carambola incrible de resultados os afastaría dese obxectivo impensable ao comezo da temporada!!! Musa, 26 puntos, Kalinoski 15 e Mahalbasic 14