O VAR deixa sen dous puntos o Lugo no tempo engadido (1-1)
O encargado da videoarbitraxe sinalou o penalti por man de Seoane e, cando detivo Whalley, volveu intervir para obrigar a repetilo
Alberto Rodríguez marcou o gol do Lugo a balón parado, 20 dos seus 40 goles este ano chegaron deste xeito
Minuto a minuto
Boa tarde! En 45 minutos o Lugo recibe o Oviedo no Anxo Carro coa presenza de preto de 2000 seareiros ovetenses no feudo lucense. Cun triunfo os albivermellos quedarían igualados a puntos cos de Ziganda.
Os de Albés afrontan o partido con moitas baixas e coa seguinte aliñación:
|ALIÑACIÓN| 👥
— Club Deportivo Lugo (@CDeportivoLugo) March 19, 2022
Con este 1⃣1⃣ inicia o @CDeportivoLugo o seu partido de hoxe fronte ao @RealOviedo!#LugoRealOviedo #ForzaLugo pic.twitter.com/ldHw8p9xPP
Quecen os xogadores sobre o céspede do Anxo Carro!
Os nosos xogadores saltan xa ao campo 🏋️♂️
— Club Deportivo Lugo (@CDeportivoLugo) March 19, 2022
IMOS EQUIPO! ⚔️#LugoRealOviedo#ForzaLugo pic.twitter.com/gsKHHhQpSM
Comezou o partido!
Hugo Rama titular no Oviedo, partido de reencontros
Pase de Clavería ás costas da defensa, non chegou a tocar a pelota Iriome e o gardamallas do Oviedo quedou con ela
Primeiro aviso serio do Lugo!
Gran disparo de Cuéllar dende a frontal, tivo que rexeitar Femenías para evitar o primeiro tanto dos albivermellos
Remate frouxo coa cabeza de Iriome, detivo sen problemas Femenías
Domina o Lugo nestes primeiro cuarto de hora de encontro
Centro de Cuéllar e remate desviado de Juanpe
Fóra Borja Bastón! Primeiro achegamento do Oviedo no partido
Disparo de Ricard dende 30 metros moi desviado
Forte remate de Lebedenko que bateu nun defensor
A máis clara do partido!
Remate dende o punto de penalti coa zurda de Lucas Ahijado marchou lonxe dos tres paus
Tempo de lecer sen goles no Anxo Carro!
A máis clara do Lugo, un disparo de Jaume Cuéllar no primeiro terzo do partido!
O RealOviedo respondeu ao bordo do descanso cun tiro de Lucas Ahijado dende o punto de penalti

Comezou a segunda metade!
Case marca Juanpe no segundo pau!
Entrou forte o Lugo nesta segunda metade, segundo córner consecutivo e Juanpe que a piques estivo de marcar o primeiro
Tívoa o Oviedo!
O disparo de Borja Sánchez marchou a rentes do pau
GOOOOOL DE ALBERTO RODRÍGUEZ
E outro gol do Lugo na súa especialidade, a pelota parada. Centro marabilloso de Ricard nunha falta lateral e o central de Gran Canarias que se estrea como goleador coa camisola albivermella
Especialistas
20 dos 40 goles do Lugo esta tempada: a balón parado
Entramos nos derradeiros minutos do partido
Non sofre demasiado o Lugo que xestiona o resultado a favor
Ovación do Anxo Carro a Carlos Pita, entra Xavi Torres no campo
Xogada embarullada do Oviedo que non atina a rematar
Gol do Oviedo, empata Borja Bastón
Imos explicar a secuencia: O VAR revisa unha xogada dentro da área e sinala penalti por man de Seoane. Borja Bastón tira e Óscar Whalley adiviña as intencións e o para
Pero o VAR entra de novo en xogo, o cancerbeiro do Lugo non estaba pisando a liña. Na repetición do penalti o dianteiro do Oviedo si acerta e empata o partido no engadido
Tívoa Xavi Torres para o triunfo!
Nunha xogada embarullada non foi quen de resolver o centrocampista do Lugo. Atrapou Femenías mentres pedían penalti os xogadores albivermellos
O Lugo foi mellor no cómputo global dos 90 minutos. Escapáronselle dous puntos no engadido e de penalti que se tivo que repetir
É o 18º empate do cadro albivermello en 32 partidos esta tempada, o rei do empate