O Celta vence con contundencia en Cornellá (1-3) e mira cara arriba
Gabri Veiga, Iago Aspas (P) e Carles Pérez marcaron os goles da vitoria
O equipo de Carvalhal marcha á parada de seleccións confirmando o seu bo momento
Minuto a minuto
Ás 18:30 h comeza en Cornellá o partido entre o Español e o Real Club Celta.
Este é o XI inicial de Carlos Carvalhal:
📋✅ O noso 𝗫𝗜 inicial 🆚 @RCDEspanyol!#EspanyolCelta #LaLiga pic.twitter.com/XZOu6MzMqv
— RC Celta Galego (@RCCeltaGL) March 18, 2023
E este é o XI inicial do vigués Diego Martínez no Español:
📋 𝐉𝐚 𝐭𝐞𝐧𝐢?? 𝐚𝐥𝐢𝐧𝐞𝐚𝐜𝐢𝐨́!
— RCD Espanyol de Barcelona (@RCDEspanyol) March 18, 2023
▶️ Aquest és l'11 de Diego Martínez#EspanyolCelta #RCDE pic.twitter.com/KhuEezPk6j
Comeza o partido en Cornellá: Español 0-0 Celta
O balon chégalle a Braithwaite, e o seu remate marcha fóra
Saca unha falta Gabri Veiga, remata co calcaño Aspas, fóra
Contra do Español, remata Darder e despexa Iván Villar, pero había fóra de xogo
0-1 Gooooooooool do Celta!!! Contra que culmina Gabri Veiga cun espectacular remate diante de Pacheco
Piden penalti os xogadores do Español por mans de Hugo Mallo, o árbitro indica que non hai pena máxima
Remate de Denis desde dentro da área, para Iván Villar en dous tempos
Centra Rubén Sánchez desde a dereita, o balón paséase sen que ninguén o toque
0-2 Goooooooooool do Celta!!! Penalti de Cabrera a Carles Pérez. Lanza Iago Aspas e engana a Pacheco.
Descanso en Cornellá. Español 0-2 Celta.
Comeza a segunda parte en Cornellá
Gran xogada de Carles Pérez, remata Luca de la Torre, moi preto do pau, córner.
Remata Seferovic desde dentro da área, o balón marcha alto
Perde un balón Javi Galán, e Joselu erra o remate case a porta baleira
Braithwaite lanza unha falta contra a barreira
Larsen recupera, toca Aspas para Veiga, e Gabri non pode resolver no man a man diante de Pacheco
0-3 Goooooooooool do Celta!! Estréase Carles Pérez, que culmina un gran partido co terceiro tanto celeste
1-3 Gol do Español. A pelota traspasa totalmente a liña logo do remate de Gragera
Final do partido en Cornellá. Español 1-3 Celta. Importante vitoria do Celta, que mantén a boa serie de resultados