Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Celta estira o seu doce momento ante o Raio (3-0)

O Celta estira o seu doce momento ante o Raio (3-0)

O Raio foi mellor durante 50 minutos, nos que o Celta sufriu

O segundo gol galego e a expulsión de Mendy afundiron ao Raio

Dos últimos 18 puntos en xogo na Liga, o Celta conseguiu 16

Carreira, Bryan e Javi Rueda goleadores

G24.gal 18/01/2026 17:31 Última actualización 18/01/2026 20:49

Minuto a minuto

Ás 18:30h comeza o partido de Balaídos. Celta-Raio Vallecano, co equipo vigués á busca de abrir unha fenda sobre o 8º posto da Liga. Este é o XI inicial de Claudio Giráldez para o encontro:

E este é o XI do Raio Vallecano:

A piques de principiar, vemos moita unlla pintada. Moito apoio a Borja Iglesias. E vós, ides pintalas?

Arranca o partido en Balaídos!!! Imos aló!

Primeiros minutos, domina o Celta. O Raio pecha e busca roubar e saír na contra. O Celta está con Mingueza e Hugo Álvarez na banda dereita e con Sergio Carreira e Bryan Zaragoza na esquerda. 

O máis salientable ata agora no banco visitante. Aí está Íñigo Pérez, o adestrador, en manga curta co frío que fai.  Uffffffff  

15'

Rápida transición do Raio pola banda dereita que acaba deixando a De Frutos ante Radu. O porteiro estivo rápido e chapou o balón. Porteirón, este Radu. 

24'

Primeiro aviso do Celta, con Bryan Zaragoza. Diagonal de Bryan, arrancando desde a banda, que acaba con tiro. Batalla rexeita a córner. Está algo lento o Celta, previsible.  

32'

Ocasión do Raio. Con Mendy e Carlos Martín, en boca de gol. Acaba tocando, defectuoso, Mendy. O Raio está chegando con máis perigo. 

37'

Centra Álvaro e remata a bocaxarro Carlos Martín. Providencial Marcos Alonso. Petou nel o disparo. Os vallecanos están mellor que o Celta.

40'

Goooooool do Celta. Enorme pase de Hugo Álvarez para a chegada de Carreira. Sorprende e supera a Batalla. No seu peor momento, marca o Celta!!! Segundo tanto de Sergio na Liga 

Finaaal da primeira parte! Vale o gol de Sergio Carreira!!

O Celta soubo sufrir e aproveitou unha acción de calidade de Hugo para tomar vantaxe. Pao duro para o Raio que estaba a ser mellor.

Arranca a segunda metade. Non hai cambios. Imos aló!

46'

Barullo no área que acaba cun remate fóra do Pacha Espino. Levou perigo.

47'

Ocasión de Isi!!! Salva Radu. O Raio recupera e acosa ao Celta. Aguanta o aire Balaídos. Toca sufrir.

52

Penaltiiii en Balaídos!!! Sae o Celta na contra e a xoagada acaba con penalti do Pacha a Bryan Zaragoza. Mateo Busquets asubía e agora agarda a decisión da sala VOR....

Penalti confirmado!

53'

Gooooool do Celta!!!!!!

Lanza o penalti Bryan Zaragoza engana a Batalla e marca. Determinante Bryan!

Doutra volta sae o Raio mellor e os galegos, na primeira que chegan, pasan por caixa. Efectividade é como se chama!

63´

Primeiros cambios no Celta. Marchan Sotelo que estaba amonestado e entra Miguel Román. Sae tamén Hugo Álvarez e comparece Swedberg

65'

Vaia entrada de Mendy a Swedberg!!! Terrorífica. Como para esnaquizarlle o nocello!

O árbitro saca amarela. Entra o VAR. Rectifica o colexiado e expulsa a Mendy. O Raio queda con dez!

69'

Que ocasión de Swedberg! Gran xogada de Pablo Durán e o seu centro envíao fóra o sueco. Estorboulle Legend. 

76'

Gol anulado a Javi Rueda!

Enorme pase de Swedberg para Javi que bate a Batalla por entre as pernas. O colexiado invalida, a instancias do asistente, por fóra de xogo.

79'

Goooooooolll de Javi Rueda!!!!! Agora sí!

Saída rápida con envío de Swedberg para Bryan, salva Batalla en primeira instancia, pero o rexeite caelle a Javi Rueda. Resolve Javi Rueda! 

Segundo tanto na Liga para Javi.

83'

Cambio no Celta. Debuta Hugo Burcio! Parabéns canteirán! Entra por Starfelt.

Soa a Rianxeira en Balaídos.

 

90'

Ocasión para Pablo Durán. Chapa en dous tempos Batalla.

Finaaaallll en Balaídos!!! o Celta sufriu, resolveu e acabou gozando. 3-0, goles de Sergio Carreira, Bryan e Rueda.

E ollo coa xeira! Dos últimos 18 puntos en xogo na Liga, este Celta fixo 16. Unha pasada!!!

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade