Aspas asesta o golpe definitivo para tombar o Mallorca (4-3)
Con este resultado, o Celta queda a 7 puntos de Europa
Minuto a minuto
Moi boas tardes! Logo de tres xornadas sen gañar, o Celta busca prolongar a súa mellora en Balaídos cun triunfo que relance as súas opcións de engancharse á parte alta.
A única novidade na aliñación do Chacho Coudet é a titularidade de Galhardo no sitio de Santi Mina
𝐀𝐋𝐈𝐍̃𝐀𝐂𝐈𝐎́𝐍 👥 Os once celestes que, co voso empuxe, buscarán a vitoria!#CeltaRCDMallorca #RCCelta pic.twitter.com/yTM5U0daeU
— RC Celta Galego (@RCCeltaGL) March 6, 2022
Quecen os xogadores no céspede de Balaídos a media hora para o comezo do partido!
¿Quién se lleva el #CeltaRCDMallorca? #LaLigaSantander https://t.co/sD9tH01kUH
— LaLiga (@LaLiga) March 6, 2022
Empezou o partido!
Primeiro cartón amarelo do partido para un xogador do Celta, para Fran Beltrán por unha entrada no centro do campo
Pedía penalti Kubo por unha entrada de Aidoo. Semella que non hai nada.
Tentaba contragolpear agora Aspas pero non atinou no envío a Galhardo
GOOOOOL DE THIAGO GALHARDO!
Saiulle ben a aposta polo brasileiro como titular a Coudet, menos de 15 minutos de xogo e marca o brasileiro o seu primeiro tanto coa camisola celeste.
639 minutos necesitou para marcar o seu tanto en liga
Empata o Mallorca só tres minutos despois
Erro na saída de balón de Aidoo, centra Maffeo e remata Giovanni González en semi-erro para bater a Dituro... Vaia fallo do Celta na saída de balón cando fixera o máis difícil, comezar marcando
GOOOOOL DE DENIS PARA O CELTA
Anota Denis Suárez a pase da morte de Iago Aspas! O asistente anulárao en primeira instancia pola posición de Cervi (detrás do porteiro)
A PIQUES DE MARCAR O SEGUNDO GALHARDO!
Que xogadón do Celta, facendo un rondo coa defensa do Mallorca. Definiu o Galhardo e só o gardamallas visitante evitou o tanto
Outra boa xogada do Celta que acaba en córner!
Moito mellor os de Coudet neste último tramo da primeira metade
Case a lía Dituro!
Disparo de Kubo e por querer evitar o saque dende o curruncho a piques estivo de cederlle o balón en bandeixa ao dianteiro visitante
Tempo de lecer en Balaídos!
Celta (Galhardo 13' e Denis 25') 2-1 Mallorca (Gio 17')
De menos a máis o Celta neste primeiro tempo, tivo momentos de lucidez e bo xogo e algunha ocasión máis para ampliar a vantaxe. Moito aínda que resolver na segunda metade
Comeza a segunda metade en Balaídos!
Empata o Mallorca
Centro de Kubo nunha falta dende o centro do campo e Aidoo co peito acaba por introducir o balón na súa propia portería. Mal defendida a acción a balón parado por parte do Celta, pero tamén infornuio do ghanés.
Ábrese o partido con esa segunda mazada nada máis regresar do descanso
VAIA OCASIÓN DE BRAIS!
'Centro-chut' de Hugo, meteu o pé o mosense e a o balón que non acabou na rede por moi pouco
GOOOOL DE IAGO ASPAS!
A falta de media hora marca o de Moaña o 3-2! Bo envío longo de Aidoo, deixa Cervi para Aspas que coa dereita adianta ao Celta por terceira vez no partido
AO LONGUEIRO O MALLORCA!
Que oportunidade acaba de ter Raíllo para empatar o encontro logo dun bo centro de Kang-in Lee
Busca o empate o Mallorca, probou sorte agora dende lonxe
O Celta, cómodo e repregado, tenta saír á contra
Muriki arribaaaaa!
Ollo que está revisando o VAR unha posible man de Hugo Mallo... e efectivamente o colexiado sinala penalti. Penalti a prol do Mallorca, sinálao o colexiado despois da revisión do VAR.
É un tiro de Muriki que segundo o árbitro toca na man de Hugo Mallo... E expulsado o capitán do Celta por dobre cartón amarelo
Enganou Salva Sevilla, empata o Mallorca o partido
Seis minutos de engadido, veremos se o Celta busca o 4-3 ou refúxiase algo máis atrás por iso de xogar cun futbolista menos
Fóra Aspas! Tívoa o Celta!
Bo envío de Brais á frontal pero o remate de primeiras coa perna boa do moañés marchou a rentes do pau
Penalti a prol do Celta!!!
Que boa condución de Denis de dereita a esquerda, ao pisar área quere ceder cara Aspas e o balón dálle na man a un defensor do Mallorca
GOOOOOOOL DE ASPAS!
O Celta leva o triunfo no 96 de partido! E con suspense porque o gardameta adiviñoulle as intencións, pero ao final entrou!!
Vaia vitoria do Celta!
Triunfo de moito mérito dos de Coudet, que tiveron que golpear ata en 4 ocasións distintas ao Mallorca para ser quen de tombalo