O Celta saca un punto do Metropolitano, nun partido que xogou cun home máis desde o 7'
Pablo Barrios foi expulsado por unha dura entrada sobre Pablo Durán
O Celta adiantouse na segunda metade cun gol de penalti de Aspas
Empatou Sorloth nunha acción illada no treito final
Minuto a minuto
Ás 18:30h comeza o partido do Metropolitano. Atlético de Madrid-Celta
Xa comecemos o XI titular do equipo vigués. Fer López comeza entre os 11 elixidos por Claudio Giráldez
𝑷𝒐𝒍𝒐 𝑹𝒆𝒂𝒍 𝑪𝒍𝒖𝒃 𝑪𝒆𝒍𝒕𝒂... 𝒙𝒐𝒈𝒂𝒓𝒂́𝒏... 🩵#AtletiCelta ⋄ #LALIGAEASPORTS pic.twitter.com/BmyqbZaStH
— RC Celta (@RCCelta) February 15, 2025
E este é o XI inicial que presenta Simeone neste partido
👥 ¡Los elegidos para arrancar el partido de hoy! pic.twitter.com/kWFzYuhgzU
— Atlético de Madrid (@Atleti) February 15, 2025
Comeza o partido no Metropolitano. Atlético 0-0 Celta
Expulsado Pablo Barrios por unha entrada no centro do campo sobre Pablo Durán. Inicialmente viu o cartón amarelo, pero a consulta co VAR revelou unha entrada á altura do xeonllo. Queda con 10 o Atlético
Centro de Carreira desde a esquerda, remata coa cabeza Marcos Alonso, desviado
Mala cesión de Javi Rodríguez e Guaita ten que sair para evitar que Giuliano roube no man a man
Remate lonxano de Fran Beltrán, alto. O Atlético meteuse atrás, e o Celta contralo a posesión, pero sen ocasións claras
Koke recolle un balón solto e remata desviado despois da saída dunha falta
Giuliano culmina unha contra do Atlético cun remate alto
Marcos Alonso recibe un balón en profundidade, e o seu centro chut teno que botar a córner Oblak
Tiro lonxano de Fer López ás mans de Oblak
Pablo Durán non atina a rematar un servizo espectacular de Fer López que o deixara só diante de Oblak
Fer López culmina unha boa combinación do Celta cun remate arriba
Descanso no Metropolitano. Atlético 0-0 Celta
Comeza a segunda metade no Metropolitano
Penalti a prol do Celta por unha pisada de Le Normand sobre Borja Iglesias!!
GOOOOOOOOOOOOL DO CEEEEELTA!!!! Iago Aspas adianta aos vigueses de penalti enganando a Oblak!! Atlético 0-1 Celta
Contra do Celta, Iago Aspas cede a Pablo Durán á dereita, e o seu centro acaba en córner cando xa entraba Íker Losada ao remate
Deixa Ilaix na área para Mingueza que entraba de cara, pero erra no control e pérdese unha boa acción do Celta
Gol do Atlético. Empata Sorloth aproveitando un balón longo ás costas de Starfelt. Atlético 1-1 Celta
Pase da morte de Íker Losada, e Borja pide penalti por agarrón cando entraba a rematar. O balón paséase pola área pequena de Oblak
Final do partido no Metropolitano. Empate entre o Atlético e o Celta, logo dun partido que xogou con 10 o equipo colchoeiro desde o minuto 7