Publicador de contidos
Publicador de contidos

Na bacía do Miño-Sil xa choveu en 6 meses tanto como en todo un ano hidrolóxico

Na bacía do Miño-Sil xa choveu en 6 meses tanto como en todo un ano hidrolóxico

Os encoros están 13 puntos por riba da media histórica, achegándose ao 90 por cento da súa capacidade

Os ríos levan o dobre de auga do que é habitual nesta época do ano

G24.gal 01/04/2024 14:43

O encoro dos Peares está ao 98 por cento da súa capacidade, unha imaxe que se repite en boa parte da bacía do Miño-Sil. De media, as reservas de auga chegan ao 90 por cento, 13 puntos por riba do que é habitual. Choveu un 50 por cento máis e continúan as precipitacións.

O mesmo acontece nos ríos. Levan o dobre de auga do que é normal a estas alturas. Tamén as augas subterráneas están por riba do habitual, entre un 20 e un 30 %.

Aínda que continuarán as precipitacións, dende a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil non prevén incidencias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos