Publicador de contidos

Publicador de contidos

Empresas de loxística din que non haberá desabastecemento, pero faltarán produtos

Empresas de loxística din que non haberá desabastecemento, pero faltarán produtos

A Xunta contará un programa de axudas para que as pequenas empresas poidan mellorar a eficiencia na loxística

G24.gal 03/11/2021 16:54

O sector da loxística de Galicia afirma que a poboación non vai sufrir un desabastecemento, pero si seguirán faltando algúns produtos moi concretos ou algunhas marcas.

En calquera caso, advirten que as empresas teñen que volver afacerse a ter produtos gardados porque nos próximos meses non será posible pedilos dun día para outro. Reflexións que se puxeron de manifesto na presentación da marca Galicia Logistics, á que asistiu o vicepresidente económico da Xunta.

Conde avanzou que as contas galegas recollen un programa de axudas para que as pequenas empresas poidan mellorar a eficiencia na loxística, que terá un orzamento dun millón de euros.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade