Publicador de contidos

Publicador de contidos

Empresarios e usuarios urxen a chegada dos trens Avril tras a súa homologación

Empresarios e usuarios urxen a chegada dos trens Avril tras a súa homologación

Quedan pendentes as probas de habilitación da infraestrutura e a formación dos maquinistas

As primeiras unidades chegarán en decembro, polo que os trens non comezarán a funcionar ata o primeiro trimestre do 2024

G24.gal 18/10/2023 14:31

Tras varias demoras, a alta velocidade tiña que chegar a Galicia o pasado verán, pero os problemas de fabricación e homologación provocaron un novo atraso e no mes de xullo o Ministerio de Transportes anunciaba unha nova data. 

Os trens Avril tampouco entrarán en funcionamenro o mes que vén. A súa homologación pola Unión Europea é un paso moi importante, pero quedan pendentes as probas de habilitación da infraestrutura e a formación dos maquinistas. 

Segundo os prazos do Goberno central, as primeiras unidades chegarán en decembro, polo que os trens non comezarán a funcionar ata o primeiro trimestre do ano que vén. A reclamación dos empresarios súmase aos usuarios que agardan que os novos convois cheguen canto antes. 

Os Avril poderán circular a 300 quilómetros por hora en vías de ancho ibérico e estándar, o que lles permitirá desprazarse ata Vigo, Pontevedra, Santiago e A Coruña, ademais acúrtase a viaxe a Madrid entre 20 e 30 minutos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade