Publicador de contidos

Publicador de contidos

Empeora a seca na Barbanza: as autoridades apelan a un consumo responsable

Empeora a seca na Barbanza: as autoridades apelan a un consumo responsable

O Concello de Boiro suprime as duchas nas praias e restrinxe o uso público da auga para regar ou baldear

As autoridades apelan ao consumo responsable para evitar medidas máis drásticas

A fonte de Triñáns leva moi pouco caudal de auga
G24.gal 26/08/2022 13:36

A situación da seca na Barbanza vai a peor. En Boiro, por exemplo, o Concello suprimiu as duchas nas praias e restrinxiu o uso da auga para regar e nas zonas altas do concello a presión da auga mingua sensiblemente nas horas punta de consumo. As autoridades seguen apelando ao uso responsable para evitar restricións ante a falta de previsión de chuvia.

O fío de auga que cae nunha das fontes máis populares de Triñáns en Boiro, é un dos sinais de alerta da seca que afecta non só a este concello, senón a outros da bisbarra da Barbanza. Esta é un dos lugares da zona alta de Boiro, onde tamén empezaron a sufrir a diminución na presión da auga da traída nas horas punta de consumo.

Moitos veciños dispoñen de pozos particulares ademais da traída e van sorteando a seca. Pero aínda así o nivel da auga tamén baixou e vense obrigados a reducir o seu uso. Benigno é un dos veciños deste lugar que nos explica que xa non rega a horta a diario como faría outros anos porque teme que os pozos tamén sequen.

Ante a falta de indicios de chuvia nas previsións meteorolóxicas, o concello xa adoptou medidas de aforro como pechar as duchas das praias ou restrinxir o rego ou os baldeos. Medidas que provocaron o malestar dalgúns turistas pola falta de información.
As autoridades apelan á responsabilidade da cidadanía e insisten na necesidade de facer un consumo responsable da auga para evitar medidas máis drásticas se a situación non mellora.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade