Publicador de contidos

Publicador de contidos

Samil, escenario dunha nova edición do Marisquiño

Samil, escenario dunha nova edición do Marisquiño

Agardan 160.000 persoas

Xornada de obradoiros e adestramentos, que concluirá coa actuación de Bad Gyal

G24.gal 10/08/2023 14:45

Primeiro, a cativada. O Marisquiño quere seguir facendo canteira, e levando os participantes neste encontro de deportes urbanos ben lonxe, ata as olimpíadas incluso. 

Carlos Domínguez, fundador do festival, di que sempre apostaron por estes deportes, que foron collendo prestixio, e ao final o maior recoñecemento é ser olímpicos.

O programa deste primeiro día son obradoiros: de skate, BMX, breakdance, flatland, baloncesto... e adestramentos. Porque a competición en si empeza mañá. Agardan encher a cidade de deporte urbano, e de público. Calculan unha asistencia de 160.000 persoas. Para iso, fai falta moito espazo. Este ano, na edición número 23, volven a Samil. 

"É unha edición moi especial, estar en Samil trae bos recordos, e para os uqe non coñeceron eses anos en Samil poden gozar do evento e da praia", di Domínguez

O descenso urbano chegará á praza do Berbés, no paseo das Avenidas estarán co baloncesto, e a batalla de galos na porta do Sol. A música está moi presente no festival: abrindo a porgramación esta mesma noite en Castrelos con Bad Gyal. Ata o domingo, Vigo vaise converter na capital da cultura urbana celebrando o maior evento deste estilo do sur de Europa. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade