Publicador de contidos
Publicador de contidos

Empeza a terceira vaga de calor do verán, con tres comunidades en alerta laranxa

Empeza a terceira vaga de calor do verán, con tres comunidades en alerta laranxa

A temperatura máxima de España rexistrouse en Badaxoz, con 44,7 graos

G24.gal 07/08/2023 20:40 Última actualización 07/08/2023 20:51

Comezou a terceira vaga de calor do verán. Rexistráronse temperaturas por riba dos 40 graos en Estremadura, Andalucía e Castela A-Mancha, as tres comunidades en que se activou o aviso laranxa.

E iso no primeiro día dunha vaga de calor que se vai ir agravando nas próximas xornadas en boa parte de España. A entrada dunha masa de aire africano xa deixou este luns os termómetros rozando os 45 graos en Badaxoz. Non andaron lonxe outras nove vilas e cidades do sur. 

Protección Civil advirte dos riscos para a saúde desta calor extrema, que ademais dificultará o descanso durante a noite en amplas zonas da península.  

Este martes activarase o nivel laranxa tamén na comunidade de Madrid e nalgúns puntos da península, como a provincia de Xaén, mesmo haberá aviso vermello por calor extrema. As temperaturas non comezarán a baixar ata o xoves pero continuarán con valores máis altos do normal para esta época.

O mércores AEMET estima que a media de temperatura en España podería situarse entre os cinco días máis quentes de agosto dos últimos 73 anos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos